DANI MONTERO © Alberte Peiteavel
«Desde o principio dos tempos, a imaxe é o medio de expresión sobre o que construímos os nosos soños, o noso futuro.»
Inédita, 2015
Ilustración incluída en Novas olladas aos clásicos universais, AGPI, 2015

Cursou estudos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña. Ten experiencia laboral no sector da animación en CGI, videoxogos, publicidade, cómic e ilustración. Traballou para empresas como Dygra (onde participou no filme O soño dunha noite de San Xoán), Enne ou Airylabs, e editoriais como Xerais, SM, Edebé, Anaya ou Demo.

Obras destacadas

  • Serie «La pandilla de la ardilla» (ilustracións), SM, 2014-2020
  • El gran libro de los monstruos (ilustracións), RBA, 2019
  • Spot Estrella Galicia (storyboard), Mondotropo, 2015
  • El misterio del timbre (ilustracións), SM, 2015
  • La despensa mágica (ilustracións), SM, 2014
  • Sen mirar atrás / Sin mirar atrás / Kein Blick zurück (cómic), Demo / Edition 52, 2010

Premios

  • Premio de Banda Deseñada Castelao (Sen mirar atrás), Deputación da Coruña, 2009
  • 1.º premio, Bienal da Caricatura de Ourense, 2006
  • Mellor guión, I Concurs de Còmic de Sant Boi, 2001
  • 1.º premio, Certamen de Cómic de Canarias, 2001