RUBÉN MARIÑO © Alberte Peiteavel
«O cliente perfecto non existe; haberá que debuxalo.»
Pantalla final, inédita, 2015
Entrega especial, inédita, 2015

Estudou Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e Deseño Gráfico no Instituto Galego de Formación (Culleredo). Fixo o Máster de Gravado, no módulo de Litografía, da Fundación CIEC (Betanzos). Traballou como deseñador gráfico e ilustrador para diversas empresas, e no departamento de posprodución dixital de Hipotálamo Films. Participou en diversas exposicións colectivas, como a organizada pola AGPI para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra en 2013, e no libro colectivo O puño e a letra.

Obras destacadas

  • O puño e a letra (cómic), Xerais, 2019
  • Titanio e Plutonio (curtam.: retoque dixital), Hipotalamo Films, 2010
  • «Goza en galego, goza do galego» (campaña: ilustracións), Universidade Popular de Corcubión, 2009
  • NEMO: Novo Entretemento Móbil, (curtam.: cartel), Alen Filmes, 2007