GAIRAH PRASKOVIA © Alberte Peiteavel
«Se todo fose dunha soa cor o mundo sería terriblemente triste. O mesmo sería se a sociedade carecese de discursos gráficos.»
Paseando as miñas inseguridades, inédita, 2020
O san Martiño, inédita, 2020

Estudou Ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña, e fixo un curso de Artes e Profesións artísticas na Escuela Sur do Círculo de Bellas Artes de Madrid e varios de cultura xaponesa en Tokio. Ilustradora e artista plástica, tamén fai animación 2D e realidade aumentada para redes sociais. Ten colaborado na revista Altar Mutante, e a súa obra foi obxecto dunha exposición individual no Festival FKM (Fundación Luís Seoane), en 2018.

Obras destacadas

  • Kill Them With Kindness, exposición individual, Bar Menuda History (Madrid), 2020
  • Diamantes en bruto (ilustración de contraportada), Pléyades, 2019
  • Mural para o evento «Domingos de Pez» (Madrid), 2019
  • Fachada ilustrada para Barbers Crew (Madrid), 2019
  • ArtBox Miami, exposición colectiva, ArtBox Project (Miami), 2019
  • Hedoné, exposición individual no Festival FKM, Fundación Luís Seoane, 2018