ÁLVARO LÓPEZ SANTOS
«En ilustración hai que entender o que busca o cliente e facelo propio para dar con algo que satisfaga os dous.»
Cuberta do LP Trapped, de Simbiose, 2015
Páxina da novela gráfica Os que levan o lume, Demo Editorial, 2015

Fai banda deseñada, só ou acompañado. Traballa como deseñador en Idea Creatividad desde o ano 2000 e colabora con bandas de hardcore, punk e R’n’R no deseño e ilustración de discos. Acaba de publicar a novela gráfica Os que levan o lume (Demo Editorial), e dirixe xunto a Luis Sendón o fanzine Altar Mutante.

Obras destacadas

  • Os que levan o lume (cómic), Demo Editorial, 2015
  • Sálpock: O val dos Cegos (cómic), Demo Editorial, 2012
  • Barsowia (cómic), varios números, 2003-2011
  • Prime Time Holocausto (cómic), Polaqia, 2008

Premios

  • Finalista, Premio Castelao (Sálpock: O val dos cegos, con Luis Sendón), 2009