FERNANDO LLORENTE
«Na ilustración actual o nivel de calidade é cada vez máis alto. Non pasa o mesmo coa remuneración.»
Inédita, 2015
A rapaza na fiestra, Editorial Tambre, 2010

Nacido nas Palmas de Gran Canaria, nos anos 80 colaborou habitualmente en Madrid con revistas como El Europeo ou Vogue, e ilustrou diversas publicacións da Comunidad de Madrid. Na actualidade comparte o seu tempo entre A Coruña e Santiago de Compostela, onde traballou para a empresa de animación Bren Enterteinment. Realiza ilustracións para distintas publicacións e editoriais como Edelvives, Anaya, Xerais, Rodeira ou Tambre.

Obras destacadas

  • Laura y el ladrón de voces (ilustracións), Anaya, 2012
  • A rapaza na fiestra (ilustracións), Tambre, 2010
  • Xenaro e o misterio da mochila verde (ilustracións), Xerais, 2008