«Cambiaría o exceso de exposición mediática que sufrimos os ilustradores por algo de estabilidade laboral.»
Licenciouse en Belas Artes e tivo unha bolsa Erasmus en Bergen (Noruega); tamén estudou Ilustración na Escola Massana de Barcelona. Como autor de cómics, ten varios traballos publicados en Bang! Ediciones, Retranca, Mongolia, Autsaider Comics e Demo Editorial. Fai ilustración para editoriais como Ir Indo, Xerais ou Alfabia, publicacións como El País, Il Foglio Sportivo, La Vanguardia ou Monocle – The Escapist, e entidades como a Fundación Barrié ou Estrella Galicia. Tamén desenvolve actividade como docente en talleres de narrativa gráfica para diversas institucións. Foi un dos convidados ao festival Viñetas desde o Atlántico en 2014.