SANTY GUTIÉRREZ © Alberte Peiteavel
«A ilustración ten que entrar polos ollos e contarche algo.»
Ilustración inédita, 2015
Ilustración inédita, 2015

Nacido en Vigo, estudou en Santiago e reside na Coruña. Con máis de vinte e cinco anos de experiencia profesional, ten feito ilustracións para libros e carteis, humor gráfico, caricaturas, publicidade, banda deseñada e deseño téxtil, e tamén se ten dedicado ao ensino de debuxo. É membro fundador do coruñés Estudio Baobab e foi directivo da AGPI durante 11 anos. Nos EE. UU. está representado pola axencia Astound.

Obras destacadas

  • Santy Gutiérrez 2017 (humor gráfico), Demo Editorial, 2017
  • This Cookbook is Gross (ilustracións), QED Publishing, 2017
  • O corazón da maxia (ilustracións), Xerais, 2015
  • Lilus Kikus (ilustracións), Trifolium, 2012
  • Colección «Sam Zipper» (ilustracións), Bruño, 2009-2011
  • O maquinista Antón (ilustracións), Xerais, 2009

Premios

  • Premio Albarelo de Periodismo, 2009
  • 1.º premio J&B Joven y Brillante de Humor Gráfico, 2001
  • 1.º premio, Bienal da Caricatura de Ourense, 1998