ALBERTO GUITIÁN © Alberte Peiteavel
«Un bo traballo de ilustración: boa idea máis boa realización multiplicado por entusiasmo e dividido por bos ingresos.»
Cartelería para o Entroido, Concello da Coruña, 2017
Campaña de boas prácticas para visitantes no cabo Fisterra. Concello de Fisterra, 2017

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Fai ilustración para carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Ten impartido máis de 50 obradoiros e clases maxistrais de BD e ilustración en Galicia e Cataluña. Foi coordinador da Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de BD e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés en 2013),·El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012).

Obras destacadas

  • Gráfica e dirección artística dos espectáculos da compañía El Retrete de Dorian Gray, 2006-2018
  • Cartelería para o Entroido, Concello da Coruña, 2017
  • Exposición El Circo Lorza, MIHL (Lugo), 2014
  • Chico & Rita (longam.: fondos), Estudio Mariscal, Barcelona, 2010
  • Oca do Camiño de Santiago (xogo de mesa, ilustracións), Ográfico / Ideas Peregrinas, 2010

Premios

  • Salão do Humor Gráfico de Vila Real, Portugal, 2000-2005
  • Accésit, Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2003