YAGO GR
«Seguramente, o que máis me motiva no meu traballo é o imprevisible que pode chegar a ser o resultado.»
Our Future. Exposición No Future, Colectivo Miñoco, 2013
Royal. Inédita, 2015

Desde o ano 2008 traballa como ilustrador freelance para un amplo abano de clientes: ilustración infantil e xuvenil, deseños para videoxogos, banda deseñada, cartelería e deseños para proxectos musicais, entre outros. No ano 2010 obtivo o Premio Extraordinario de Ilustración da Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña e pasou a formar parte do estudio de ilustradores Baobab, na mesma cidade. En 2013, conxuntamente con Marcos García, Jorge Peral e María Álvarez, creou o fanzine de BD Compota de Manatí, que leva tres números publicados.

Obras destacadas

  • Ready to Play (disco: ilustración), Agoraphobia, 2015
  • Turo, vol. 1, 2, 3 e 4 (cómic: color), Le Lombard, 2013
  • Campaña de Vodafone «Vodafone Yu» (ilustracións), 2012
  • Os libros de Merlín (ilustracións), Xerais, 2012
  • Opération Félix (cómic: color), Dargaud, 2012
  • Zodiaque – Le piége du bélier, vol. 1 (cómic: color), Delcourt, 2011

Premios

  • Premio Rozas Joven, XIII Certamen de Cómic Las Rozas, 2012
  • Premio Extraordinario do Ciclo de Ilustración, EASD Pablo Picasso, A Coruña, 2011
  • 1.º premio, IV Certame de BD OMIX Valadouro, 2010
  • 1.º premio, XI Certamen de Cómic Las Rozas, 2009