JOSÉ GIMENO
«As editoriais están a vivir un momento de cambio, que non están asumindo coa rapidez que a situación esixe.»
Elise. Inédita, proxecto de cómic, 2005
Ilustración para o relato Corazón de piedra, publicado en iBooks Store e Amazon, 2013
 

Publicou nas revistas Zona 84 e Totem el Cómix, de Toutain Editor, e Cimoc, de Norma Editorial, a principios dos noventa; colaborou tamén na revista italiana Skorpio ata finais desa década. En 2002, Dude Cómics editou a súa novela gráfica Profundo, en dous tomos. En 2014 publicou o relato ilustrado Corazón de piedra, en formato dixital, nas tendas de Apple e Amazon.

Obras destacadas

  • Corazón de piedra (ilustracións), plataformas dixitais, 2014
  • Profundo (cómic), Dude Cómics, 2002

Premios

  • 1.º premio, Concurso «Ciudad de Dos Hermanas», 1996
  • Finalista, Concurso de cómics Totem el Cómix, 1989