PABLO GALLO
«O que máis me motiva no meu traballo é concentrarme no debuxo ata desaparecer.»
Portada do libro Política de hechos consumados, de Nacho Vegas, Limbo Starr, 2009
Devoción, inédita, 2015

É autor dos libros Manual de ruleta rusa (Aristas Martínez, 2015) e Hiperhíbridos (El Gaviero, 2011), e da antoloxía El libro del voyeur (Ediciones del Viento, 2010). Ilustrou, entre outros, os libros Tiempo muerto (El Gallo de Oro, 2013), de José Fernández de la Sota, e Política de hechos consumados (Limbo Starr, 2009), de Nacho Vegas. Ten colaborado en revistas como Quimera, Presencia Humana, La Bolsa de Pipas, Vinalia Trippers, Zurgai, Reverso (México), Rooms (Inglaterra), Salon 55 (Dinamarca) ou Tvärdrag (Suecia). En 2014 comezou a serie de performances «Sesiones psicográficas», en que debuxa ás cegas mentres se proxecta o resultado e soa a música de Iago Alvite.

Obras destacadas

  • El límite inferior (portada), Salto de Página, 2015
  • Te espero dentro (portada), Destino, 2014
  • Más cerca que cerca (portada), El Desvelo Ediciones, 2013
  • Tiempo muerto (ilustracións), El Gallo de Oro, 2013
  • Presencia Humana n.º 1 ( ilustracións), 2013
  • Política de hechos consumados (ilustracións), Limbo Starr, 2009

Premios

  • 2.º Premio, Certamen Audiovisual «Dame un minuto de agua», Unesco Etxea, Bilbao, 2011
  • Finalista Festival Filmo, Festival Internacional de Cine de Gijón, 2010
  • Premio Adquisición, Certamen de Pintura Fundación María José Jove, A Coruña, 2008
  • 2.º premio, Certamen de Pintura Fundación Carriegos, León, 2006
  • 2.º premio, VI Certamen de Pintura Goya, Bilbao, 2005