«Unha imaxe ten a capacidade de captar esencias e logo diseminalas, e é así testemuña e referente da sociedade.»
Estudou Belas Artes en Pontevedra, Angoulême (Francia) e Altea. Cursou un posgrao de ilustración na escola BAU de Barcelona e o Mestrado de obra gráfica na Fundación CIEC (Betanzos). Desde 2014 ten publicado varios álbums ilustrados. Ten participado en feiras de ilustración e arte como Ilustratour, Ilustrísima ou Made in Galicia. Ademais, ten realizado murais en moi diferentes localizacións. Nos últimos anos, tense dedicado á ilustración en caixas de luz, como coa súa exposición Irusu Ville (2018-2019) ou coa súa participación na mostra Ilustrad/as no Instituto Cervantes de Nova York (2020/2021).