EIZA (JAIME EIZAGUIRRE) © Emilio Doitúa
«O cliente ideal non ten unha idea demasiado preconcibida, e está disposto a desenvolver o traballo xunto ao ilustrador.»
Páxina do cómic «A noite e as sombras» (guión de Carlos Rafael Ramos) en EBA 5.0 – O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d’A Esmorga (Difusora), 2009
Ilustración para o artigo «15 metros no son nada. Un abismo» no blog La Ciudad Viva, 2011

É debuxante e arquitecto, pola ETSA de Madrid. Ten participado con ilustracións en diversas publicacións e concursos desde pequeno. Desde 2005 traballa como arquitecto con diversos estudios, onde a miúdo utiliza os seus debuxos a man e bandas deseñadas á hora de presentar os proxectos. Actualmente vive e traballa en Bruxelas.

Obras destacadas

  • Serie «Brutselas» (cómic), Veredes.es, 2015
  • Cartel das XXV Xornadas Banda Deseñada de Ourense, 2013
  • Shigeru Ban. Arquitectura de emergencia (ilustracións), Ediciones Arquia, 2011
  • «15 metros no son nada. Un abismo» (ilustración), Laciudadviva.org, 2011
  • «A noite e as sombras» (cómic), EBA 5.0, Difusora, 2009
  • Historias de Galiza I, II e III (cómic), Difusora, 2008-2009

Premios

  • 1.º premio, Certame Galego de Banda Deseñada – categoría B, 2003
  • 1.º premio, Concurso «Ben Veñas Maio», Pontevedra, 1996-1997 (accésit en 1995)