Suso Cubeiro © Alberte Peiteavel
«Ilustrar é “iluminar” un texto, poñelo bonito. Aínda que no caso dos álbums é o texto o que alumea a ilustración.»
Andanzas de maese Pérez el organista y otras leyendas, Bruño, 2009
Los tres cielos, Auga Editora, 2014

Autodidacta, traballou dous anos en axencias de publicidade e tres na Consellería de Pesca como ilustrador. Despois, traballou como ilustrador autónomo. Entre os seus clientes, están editoriais como Everest, Bruño, Susaeta, Siruela ou Anaya, organismos como a Xunta de Galicia, varios concellos e deputacións, e empresas como CEM, Dygra, Ineco e diversas axencias de publicidade.

Obras destacadas

  • Roteiro ornitolóxico «El bosque animado» en Crendes (Concello de Abegondo / Deputación da Coruña), 2015
  • Mural cerámico «Escuela del Niño Jesús» en Figueroa (Concello de Abegondo), 2014
  • Exposición permanente «Torre de Hércules» no Miradoiro do monte de San Pedro, na Coruña, 2012
  • A costureira das ánimas (ilustracións), Everest, 2012
  • Larita (ilustracións), Everest, 2003
  • No corazón da fraga (ilustracións), Everest, 2001

Premios

  • Premio Lecturas, Gálix, 2003
  • Premio Ultreia, Xunta de Galicia, 1985