«Da ilustración gústame o nivel de liberdade creativa que se pode acadar, en comparación con outros oficios artísticos.»
Tras finalizar os seus estudos de Belas Artes en Valencia, traballou como ilustradora infantil para Penguin Random House e desenvolveu a súa primeira banda deseñada de autoría completa para Casterman (Éditions Gallimard). Tamén realizou ilustracións para a Deputación da Coruña e a AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia). Na actualidade dedícase á ilustración, a banda deseñada e a tatuaxe.