José Domingo
«A ilustración abrangue desde o pragmatismo ata a emoción, inspira, abre a mente e fainos ver outras formas de mirar.»
It’s Domingo, logotipo, 2015
Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos, Astiberri, 2015

Iniciou a súa andadura profesional no ámbito da animación como deseñador de personaxes e debuxante de storyboards. Formou parte do Colectivo Polaqia e en 2008 publicou a súa primeira obra, Cuimhne: El fuego distante, con guión de Kike Benlloch. Aventuras de un oficinista japonés, a súa primeira obra longa en solitario, valeulle gañar o Premio á Mellor obra nacional do Salón do Cómic de Barcelona e unha candidatura aos Premios Eisner 2014 pola súa edición en lingua inglesa. Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos é a súa última obra e o seu primeiro álbum infantil, orixinalmente publicado en inglés por Flying Eye Books para o Reino Unido e os EUA.

Obras destacadas

  • Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos (cómic/ilustracións), Flying Eye Books / Astiberri, 2015
  • Psiconautas (longam.: fondos), Zirzcozine/Basque Films, 2015
  • Trazers (logotipo, gráfica e campaña publicitaria animada), 2015
  • Conspiraciones (cómic), Astiberri, 2013
  • Aventuras de un oficinista japonés (cómic), Bang Ediciones / Nobrow Press, 2011

Premios

  • Candidato a «Best U.S. Edition of International Material», Eisner Awards (Adventures of a Japanese Businessman), 2014
  • Premio á Mellor obra, Saló del Còmic de Barcelona (Aventuras de un oficinista japonés), 2012