Alejandro Almau
«A ilustración aluma novas profundidades e significados no ilustrado, ao tempo que perfila o suxerido nel.»
BD para o fanzine Eres Tonto, autoedición, 2014
Páxina para Nai dos desterrados, Amnistía Internacional – Grupo local da Coruña, 2017

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten centrado a súa obra como ilustrador en produtos de ilustración aplicada, como carteis para cinema ou etiquetas para viño, ademais de ilustración de poesía, tiras cómicas e banda deseñada en diferentes publicacións, como o volume colectivo Nai dos desterrados, editado polo grupo de Amnistía Internacional da Coruña.

Obras destacadas

  • Nai dos desterrados (cómic), Amnistía Internacional, 2017
  • Eres Tonto (cómic), autoedición, 2014-2017
  • Mal de sangre (cartel curtam.), 2013
  • O morgado tivo un prezo: Prólogo (cómic), 2013
  • Sin Conexión (cómic), autoedición, 2009