Mateo Alvarellos
«Ilustrar é pasar elementos da cabeza á man, ver que sae mal e traballar para corrixilo.»
Portada para o o fanzine Puño n.º 1, autoedición, 2016
Páxina de «La pizzera del futuro», no fanzine Bosviac n.º 3, autoedición, 2017

Estudou Belas Artes en Pontevedra, onde con outros compañeiros entrou no campo da autoedición. Formou así parte do grupo Cabeza de Corte Aéreo ata 2015, e o ano seguinte fundou Gran Madre Cangrejo, agrupación coa que publicou os fanzines Puño e Bosviac. En 2017 publicou unha historia curta no volume colectivo Licor café, de Demo Editorial, e comezou a súa serie autoeditada Oni neko.

Obras destacadas

  • Licor café (cómic), Demo Editorial, 2017

Premios

  • 1.º premio, Certame de Ilustración/Cómic de Graphic Jam, A Coruña, 2017