«Ilustrar é como unha ‘banda sonora visual’ que axuda a meterte na mensaxe que se tenta comunicar.»
Estudou na Escuela de Arte n.º 10 de Madrid. Traballa principalmente como deseñador gráfico, e como ilustrador fixo traballos sobre todo de ilustración publicitaria e cartelería. Tamén realizou ilustracións para o diario dixital Vieiros, e para algunhas montaxes audiovisuais. Durante un tempo, no seu blog fixo humor gráfico baixo o lema Vida Carbón.