«O estado actual da ilustración é unha primavera, unha chea de artistas novos entrando con forza.»
En 2011 creou o fanzine Historias de Regho Torto. Estudou ilustración na EASD Pablo Picasso e banda deseñada en O Garaxe Hermético (Pontevedra). Ten colaborado con medios como o Diario de Pontevedra, e participou nos volumes colectivos Licor café e O puño e a letra. En 2019 publicou o seu libro de cómic Grandarroiba e realizou o videoclip de animación Semilllas, para Tremenda Jauría e Fermín Muguruza.