Héctor Francesch © Alberte Peiteavel
«Hai imaxes que contan cousas universais e poden quedar na memoria da xente para aprender de nós mesmos.»
Suite coruñesa, 2018
A vida interior, 2020

Artista multidisciplinar. Fixo un mestrado de serigrafía na Fundación CIEC, e na actualidade é profesor nese módulo. A súa obra foi exposta de maneira individual en diferentes galerías, museos e institucións en cidades como A Coruña, Vigo, Madrid ou Barcelona. Ten participado en feiras de arte contemporánea como Swab Barcelona, Justmad ou Artelisboa. Ten formado parte da selección de diferentes certames como o Premio Auditorio de Galicia ou a Mostra Internacional Unión Fenosa e expuxo de forma colectiva en lugares como Arts Santa Mònica de Barcelona ou o Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Obras destacadas

  • Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), Afundación, Santiago de Compostela, 2019
  • Etiquetas para o 110 aniversario, Estrella Galicia, 2016
  • Oculus, Palexco, A Coruña, 2015
  • Come fly with me, Centro de Arte Contemporánea Piramidón, Barcelona, 2007

Premios

  • Residencia no MAC Gas Natural Fenosa, A Coruña, 2017
  • Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia na Arxentina, 2016
  • Mención de honor, XXXVI Premio Internacional de Grabado Carmen Arozena, 2008
  • Premio adquisición, X Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, 2007
  • Accésit, XXI Certamen de Pintura Concello de Cambre, 2004