Juan David Guevara (JDGuevara)
«A ilustración é unha profesión que se adapta e se complementa perfectamente con outros campos.»
Ilustración inédita, 2017
Ilustración inédita, 2017

Estudou Ilustración e Deseño Gráfico na EASD Pablo Picasso da Coruña, Fotografía na CIFP de Imaxe e Son da Coruña e distintos cursos de animación en motion graphics. Traballou como ilustrador téxtil nunha empresa para Inditex, Benetton e outras. Actualmente traballa como deseñador gráfico. Como ilustrador freelance ten feito portadas para Cannabis Magazine, e ilustracións para cabeceiras da TVG e para libros de rol.

Obras destacadas

  • VII Jornadas Gixax (cartel), 2016
  • «Jazz y cannabis» (portada), Cannabis Magazine, 2014
  • Mancha (ilustración posicional), STP para Zara Woman, 2011
  • Este século rima en galego (cómic), Asociación Cultural Alexandre Bóveda, 2009