Uxía Larrosa
«A ilustración medra na sociedade porque leva os elementos propios do debuxo e da pintura a un plano menos sacramental.»
Fronte ao marco da ventá (guía de ocio para un turista esixente), páxina 4, Certame Xuventude Crea, 2018
Fronte ao marco da ventá (guía de ocio para un turista esixente), páxina 16, Certame Xuventude Crea, 2018

Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de gravado. Cursou tamén estudos no Centro de Estampa Contemporánea de Betanzos e un mestrado en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Recibiu varios galardóns en concursos de cómic e foi cofundadora do fanzine Sacoponcho. Participou cunha historia curta no volume colectivo Licor café.

Obras destacadas

  • Licor café (cómic) Demo Editorial, 2017
  • Sacoponcho (cómic), 2012-2013

Premios

  • 1.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2018
  • 3.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2017
  • 1.º premio, Concurso de Cómic Rekalde-Ortzadar, 2014
  • 2.º premio, Certame Benito Losada de Banda Deseñada, 2013