Bea Lema © Alberte Peiteavel
«A ilustración é necesaria para a sociedade porque ten a capacidade de expresar ideas complexas dunha forma inmediata.»
Traballo persoal, inédito, 2020
Cartel para Bibliotecas Escolares de Galicia, 2020

Ilustradora e debuxante de cómics. Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, comezou a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. Desde 2013 desenvolve o seu traballo de forma independente, realizando proxectos para entidades como Certamen Coreográfico de Madrid, O Salto Galiza, Fuera de Margen, Concello da Coruña ou Xunta de Galicia. En 2017 gañou o Premio de Banda Deseñada Castelao pola súa novela gráfica O Corpo de Cristo.

Obras destacadas

  • O Corpo de Cristo (cómic), Deputación da Coruña, 2018

Premios

  • XII Premio de Banda Deseñada Castelao (O Corpo de Cristo), 2017