Antón Lezcano © Alberte Peiteavel
«O cliente perfecto dun ilustrador é o que non se mete a ser ilustrador.»
Bandeira da vaca, 2002
Cartel gañador da Festa Internacional do Marisco do Grove, 2017

Como deseñador gráfico é creador de imaxes como a do estadio de Riazor para o Deportivo da Coruña ou a da raspa da sardiña para as Festas de San Xoán coruñesas. Foi profesor de Creatividade na carreira de Publicidade da escola Centro Español de Nuevas Profesiones. Dirixe o seu propio estudio de deseño desde hai 25 anos. Colabora semanalmente co diario DxT Campeón cunha viñeta sobre o Deportivo.

Obras destacadas

  • Creación da imaxe gráfica da Copa do Rei e da Raíña de Hóquei a patíns, 2020
  • Campaña Día do Orgullo LGTB, Concello da Coruña, 2020
  • Campaña de captación de socios/as para o Hóquey Club Liceo, 2019 e 2020
  • Creación da imaxe gráfica de Atlantic Pride, 2019
  • Icona da raspa de sardiña para as Festas de San Xoán da Coruña, 2015
  • Icona da vaca sobre a bandeira de Galicia, 2002

Premios

  • Gañador da imaxe de marca para a cidade da Coruña, Consorcio de Turismo da Coruña / Concello da Coruña, 2018
  • Cartel da Festa Internacional do Marisco do Grove, 2012, 2017 e 2018
  • 2.º premio, Curuxa do Humor, Museo do Humor de Fene, 2016
  • Cartel das Festas de San Xoán, Carballo, 2013
  • 1.º premio, Concurso de Publicidad Imaginaria, revista Visual, 1999