«O que máis me motiva no meu traballo é a posibilidade de cometer erros e aprender deles, a continua aprendizaxe.»
Estudou animación no Centro Sperimentale di Cinematografia de Turín. Desde 2008 traballa en diferentes curtametraxes e longametraxes como animadora e ilustradora de fondos. Durante unha estadía na Maison des Auteurs en Francia, apaixonouse pola ilustración e o cómic. Desde 2011 vive en Galicia, onde combina o seu traballo para animación coa súa faceta de ilustradora. En 2019 estreou a súa primeira curtametraxe como directora, Season. En 2020 formou parte da exposición Ilustrad/as: A look at the female creation in contemporary illustration do Instituto Cervantes en Nova York.