Pepe Mansilla © Alberte Peiteavel
«O humor gráfico é unha porta excelente para a reflexión, un calzador para o sentido común.»
Viñetas de 30 sobre 30, Foster Ediciones, 2018
Deseño de postais de Deportivismo ilustrado, 2020

Licenciado en Comunicación Audiovisual, con experiencia profesional no eido do marketing dixital e a xestión de contidos web. Como debuxante, a meirande parte da súa obra gráfica está formada por fanzines autoeditados e tamén por colaboracións gráficas en iniciativas solidarias (Amnistía Internacional, proxecto ENKI). A súa creación máis coñecida é a sección de humor gráfico «La viñeta turca» para Riazor.org, continuada polo proxecto Deportivismo ilustrado.

Obras destacadas

  • «Deportivismo ilustrado» (humor gráfico), deportivismoilustrado.com, 2019 – actualidade
  • «La viñeta turka» (humor gráfico), Riazor.org, 2010-2019
  • 30 sobre 30 (cómic), Foster Ediciones, 2018
  • Nai dos desterrados (cómic), Amnistía Internacional Coruña, 2017
  • Amor orgánico (cómic), Foster Ediciones, 2016
  • Degeneración democrática (cómic), autoedición, 2015