«As claves dunha ilustración son unha boa idea, unha boa realización e un cliente que saiba potenciala no produto final.»
Arquitecto pola ETSA da Coruña. Como ilustrador, comezou a súa andaina en 2011 tras gañar o premio Pura e Dora Vázquez, que deu como resultado o seu primeiro libro, O papaventos de Laura, con texto de María Canosa. Desde entón, ten ilustrado libros para numerosas editoriais.