Ignacio RC © Ignacio RC
«O que máis me motiva no meu traballo é seguir progresando e aprendendo. Mellorar en cada peza.»
Black Rain – alternative movie poster, para Cult Classic Prints, 2019
Cartel oficial de Errementari, para Barfutura e Pokeepsie Films, 2017

De formación autodidacta, fai ilustracións sobre cultura pop e mais carteis alternativos de filmes, e ten realizado láminas con licenza oficial para Lucasfilm e 20th Century Fox. Tamén é autor de carteis oficiais para producións cinematográficas, como o filme Errementari – El herrero y el diablo, producido por Álex de la Iglesia e dirixido por Paul Urkijo. Ten exposto en galerías como Hero Complex e Gallery 1988 (Los Ángeles) e Bottleneck (Brooklyn, Nova York), e ten presentado láminas en convencións como a Comic-Con International: San Diego e a NYCC.

Obras destacadas

  • Errementari – El herrero y el diablo (cartel), 2017
  • Keirsey Magazine (ilustracións), 2016

Premios

  • Top 10 Portfolio Review, Posterspy, 2019
  • Spain and Global Winner no concurso Fear The Walking Dead, AMC / Posterspy Creative Brief, 2018
  • Porfolio seleccionado Becas Domestika, 2018
  • Top 10 Portfolio Review, Posterspy, 2017
  • Gañador do concurso The Infiltrator, Warner Bros UK / PosterSpy Creative Brief, 2016