«As claves para un bo traballo de ilustración son capacidade de simplificación, estética e comunicación.»
Licenciado en Belas Artes en Sevilla, cursou estudos ademais en Barcelona e Valencia. Nos oitenta e os noventa realizou ilustracións e cómics en publicacións como Cairo, Madriz o El Canto de la Tripulación. En 2002 fundou o estudio Milicia Gráfica, que segue a dirixir hoxe, asentado na Coruña. Realizou o grafismo de numerosos discos para EMI, BMG Ariola, Warner ou Virgin. Ten colaborado con produtoras audiovisuais para animacións de cabeceiras, campañas de publicidade etc. Tamén imparte talleres de creatividade infantil para diversas entidades.