Álvaro Valiño
«Coido que a clave é que a idea detrás da ilustración sexa boa. Non son un apaixonado do virtuosismo.»
«La paz imprescindible en Colombia», semanario Ahora, 2015
«Juan Carlos I y Urdangarín», revista Mongolia, 2014

Cursou un mestrado en Deseño Gráfico no London College of Communication. Traballa como infografista e ilustrador freelance desde Washington DC e ten colaborado con publicacións como National Geographic Magazine, Smithsonian Magazine, Corriere della Sera ou Mongolia. Comezou a súa actividade profesional en La Voz de Galicia, e foi xefe de infografía no diario Público. O seu traballo foi recoñecido pola Society of News Design e mais polos premios Malofiej. Impartiu seminarios en Madrid, Nova Deli e Kuala Lumpur. O seu traballo foi recollido nos volumes Information Graphics (Taschen) e Visual Storytelling (Gestalten).

Obras destacadas

  • Mongolia (humor gráfico), 2012-actualidade
  • O Botafumeiro (humor gráfico), 2014-2015
  • Público (ilustración), 2007-2012

Premios

  • Premio Gràffica, 2011
  • 11 awards of excellence, Society for News Design
  • 28 premios Malofiej