Inés Vázquez Ramallal
«Motívame ese momento en que o papel desaparece e acabas dentro da ilustración na que estás a traballar.»
Wuivre, inédita, 2018
Ilustración para o reto Inktober, inédita, 2020

Estudou bacharelato artístico no IES Durmideiras da Coruña. Despois de pasar un ano estudando Comunicación Audiovisual na Coruña, apostou polo mundo da ilustración e os cómics e cursou tres anos na escola O Garaxe Hermético (Pontevedra). Tras participar en diversos fanzines e colaborar en proxectos de ilustración, deu o salto ao mundo da animación facendo ilustracións preparatorias (layouts) para Lighthouse Studios (Irlanda).

Obras destacadas

  • If You Give a Mouse a Cookie (serie de animación: layouts), Amazon Prime, 2020
  • Licor café (cómic), Demo Editorial, 2017
  • Escenarios da Prehistoria (exposición: ilustración), Museo de Pontevedra, 2016
  • 221BD (cómic), Retranca Editora, 2015
  • A vila dos debuxantes do norte (cómic), Retranca Editora, 2014

Premios

  • 2.º premio, Xuventude Crea, categ. Banda Deseñada, 2016
  • 2.º premio, Xuventude Crea, categ. Banda Deseñada, 2015