«O que máis me motiva é a emoción de comezar un novo proxecto, creando novas regras e mundos.»
Licenciado en Comunicación Audiovisual, ten traballado en proxectos como realizador, guionista e montador, e facendo posprodución e motion graphics. Ten deseñado e elaborado múltiples cabeceiras para programas de televisión e documentais e ten colaborado en spots, curtametraxes, documentais e películas (Torrente 5, Dhogs). En 2017, realizou o vídeo Troubled Times, de Green Day, para a Warner. A súa técnica de colaxe desenvolveuna tamén en proxectos para bandas como Soziedad Alkohólica ou Love of Lesbian, ou artistas como Gary Clark Jr.