Marcos Calo © Alberte Peiteavel
«Ás veces unha imaxe queda reducida á mínima expresión porque o cliente se empeña en cambiala desde o descoñecemento.»
Portada para The Bully Bug, escrito por David Lubar. Starscape/Tor Books (EUA), 2014
Portada para Wonder at the Edge of the World, escrito por Nicole Helget. Little, Brown Books for Young Readers (EUA), 2015

Cursou estudos de Belas Artes na facultade de Pontevedra. Traballou varios anos en proxectos de animación, nas empresas Dygra Films (A Coruña), Bren Entertainment (Santiago de Compostela) e Ilion (Madrid), ademais de traballos como freelance para SPA Studios (Madrid). Nese ámbito dedicouse á creación de deseños para escenarios e personaxes, e á realización de storyboards. Despois comezou a traballar como ilustrador independente, representado pola axencia Shannon Associates (EUA) para todos os territorios agás España. Principalmente fai traballos de literatura infantil e xuvenil, con empresas como HarperCollins, Simon & Schuster, Hoghton Mifflin Harcourt, Heinemann, Scholastic ou Tor Books.

Obras destacadas

  • O mundo máxico de Lía (ilustracións), Xerais, 2020
  • Wonder at the Edge of the World (ilustracións), Little, Brown Books for Young Readers, 2015
  • Colección «Eddie Red» (ilustracións), Houghton Mifflin Harcourt, 2014-2016
  • Colección «Monsterrific Tales» (ilustracións), Starscape/Tor Books, 2013-2014
  • Despicable Me (Gru, mi villano favorito) (longam: fondos), 2007
  • Planet 51 (longam.: fondos), 2005-2007

Premios

  • 1.º premio, Certame de Imaxe Artística Xuventude 2001 – Banda Deseñada
  • 3.º premio, Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 98, 1998
  • 2.º premio, Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 97, 1997