Inclúe imaxes da exposición e das diversas actividades desenvolvidas

Vídeo resumo do ciclo «Desde Coruña con humor»

06 Mar, 2018

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, exposición, talleres, mesas redondas, charlas

Vídeo resumo do ciclo «Desde Coruña con humor»

Xa está dispoñible na canle de Youtube de Coruña Gráfica o vídeo que serve de resumo do ciclo «Desde Coruña con humor», desenvolvido entre novembro de 2017 e xaneiro de 2018.

Nas súas imaxes poden verse brevemente partes da montaxe expositiva da mostra, que puido visitarse na Sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga e que contou con obra de 18 autores e autoras de humor gráfico producido na Coruña e a súa área de influencia. Tamén, momentos do Encontro «Humor Gráfico con tetas» —que ten ademais o seu propio vídeo resumo aquí—, dos Obradoiros de humor inocente e da Xornada de humor inocente. Cos seus pouco máis de tres minutos, constitúe un pequeno repaso visual do que aconteceu en todos estes días de actividade. A produción audivisual correu a cargo de Edición Rusa.