Desenvolveranse en tres bibliotecas municipais

«Obradoiros de humor inocente»

Alberto Guitián imparte os talleres para rapaces de entre 12 e 16 anos

28 Nov, 2017

Tags: ilustración coruñesa, humor gráfico, actividades, talleres

Cartel dos «Obradoiros de humor inocente»

Dentro do programa de actividades paralelas da exposición Desde Coruña con humor, integrada no proxecto Coruña Gráfica, desenvolveranse tres «Obradoiros de humor inocente» dirixidos a introducir na creación de humor gráfico a rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, que terán lugar en tres bibliotecas municipais diferentes: o sábado 16 de decembro, na Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10, 15003 A Coruña); o sábado 23, na Biblioteca Infantil do Fórum (rúa Río Monelos, 1, 15006 Coruña), e o venres 26 de xaneiro na Biblioteca do Centro Ágora (lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña). Nos dous primeiros casos, o horario será de 11:00 a 13:00, e no obradoiro do Centro Ágora, de 18:30 a 20:30.

Os talleres estarán impartidos por Alberto Guitián, ilustrador e humorista gráfico cuxa obra está incluída tamén na exposición Desde Coruña con humor. Guitián ten colaborado con publicacións como El Jueves, Retranca, O Botafumeiro, Fotogramas, ¡Caramba!, Público ou Tinta Libre, e é autor dos álbums Fito & Pita, Petaco e El Circo Lorza. Máis información sobre Guitián aquí.

As inscricións son gratuítas, e o prazo de inscrición ábrese en cada biblioteca unha semana antes do obradorio correspondente.